RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso cre que partidos como o do Real Madrid CF "refórzannos"

Fran Alonso afirmou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que ante o Real Madrid CF "os merecementos do equipo e o resultado final non teñen unha relación directa. Merecemos máis. Sábeme mal polas miñas xogadoras".

Asegura que o seu sentimento é "de orgullo. Estamos encabuxados. Xogamos contra un equipo que é o favorito, dámolo todo e se sentimos prexudicadas nalgunha decisión dáche rabia. Seguimos crecendo. Cada vez vese ao equipo mellor, coas ideas máis claras".

O técnico deportivista recalca que "logramos dominar a un súper equipo, que está aínda na Champions League, na Copa de la Reina. Hai que valorar o que fixemos, con moita xogadora nova, de canteira, que xa empezan a demostrar desenvoltura. Manterémonos unidas, seguiremos crecendo".

Insiste en que "vai ser unha boa temporada para nós. Partidos como hoxe (por onte) refórzannos".

Por todo iso, Fran Alonso quixo "felicitar ás miñas xogadoras porque estiveron moi ben"; e subliña a canteirás como Lucía Rivas, Redru ou Elena: "Son xogadoras formadas en casa. Nos enorgullecen. Pomos moitísimo traballo nelas. Non llo pomos fácil pero cando están a empuxar e cando nos adestramentos demostran esa fame, esa ansia de triunfar están no sitio correcto e ímoslles a dar oportunidades".

Nesta liña, opina que Lucía Rivas, titular ante o conxunto branco, "leva dous partidos a gran nivel e con moitísimo traballo, moitísimo repregamento. Aparte que con balón nos dá cousas especiais. Estou moi contento por ela e pola súa progresión".