RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Fran Alonso: "Foron máis precisas que nós e por iso leváronse a vitoria"

Fran Alonso manifestou no estadio de Ipurúa que a clave da derrota do Dépor ABANCA ante a SD Eibar é "clarísima. Temos unha ocasión para romper o marcador, moi clara. Non a metemos e elas si. Foron máis precisas que nós e por iso leváronse a vitoria. Seguímolo tentando até o final pero non puido ser".

O técnico deportivista insiste en que "elas estiveron precisas, nós non, e de aí o marcador".

Finalmente Fran Alonso afirma que "me gustou o Dépor ABANCA con balón, tivo personalidade. En duelos estivemos ben contra un equipo que é moi bo en duelos, considerando o difícil que é nun estadio como Ipurúa. E ofensivamente tivemos bastante control. Un pouquiño máis de acerto necesitamos no último terzo pero o equipo demostrou personalidade. Este é o camiño. Unha pena que non nos levamos ningún premio dunha actuación que non foi mala de todo".