RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso: "Somos un equipo máis valente, que aperta alto, que toma riscos atrás"

Fran Alonso apuntou este venres 13 de febreiro na sala de prensa do Dépor Training Center que o obxectivo do Dépor ABANCA é "seguir mellorando. Somos un equipo máis valente, que aperta alto, que toma riscos atrás".

Admite que "nos meteron varios goles defendendo chegando cando o ano pasado defendiamos moi ben estando. Todo é un proceso".

O técnico deportivista cre que a principio de temporada "a presión púidonos un pouco sobre todo fóra de ABANCA-RIAZOR. Agora soltámonos. O traballo diario é moi bo, de moita calidade. As xogadoras dano todo todos os días, que é o importante. Aí é onde está o crecemento".

Engade como meta "sacar os 3 puntos todas as fins de semana. O obxectivo delas individualmente é tentar entrar no equipo, que está moi difícil porque hai moitas xogadoras e de moita calidade".

Insiste agora en "seguir evolucionando este sistema de xogo. Días como o do Real Madrid CF foi para nós moi especial porque a pesar de non conseguir a vitoria o equipo saíu ovacionado. A química con #ANOSAFORZA está a mellorar. Sentimos moi orgullosas".

Nesta liña, Fran Alonso cre que para o encontro deste sábado 14 de febreiro ás 16:00 (Dazn e RTVE) en ABANCA-RIAZOR ante un Sevilla FC "que está nun nivel de forma espectacular vai ser clave #ANOSAFORZA vindo e apoiándonos para tentar entrar nesa xeira de gañar varios partidos seguidos".

Finalmente subliña que ante as andaluzas "necesitamos non só ter o control. O partido en Sevilla foi unha lección moi boa para nós porque tivemos moitísimo control pero elas tiveron unha pegada espectacular. Metéronnos 3 goles en 4 ocasións. Teñen moitísima calidade. É certo que perderon a Inma Gabarro, que volveu a Inglaterra. Aínda así a pasada fin de semana contra outro equipo de moitísimo nivel como o Athletic Club lograron unha goleada. Están moi ben de forma. Levan unha temporada espectacular e é un equipo moi perigoso".

Por este motivo, pide "mostrar a contundencia nas áreas que mostramos a fin de semana pasada ou contra o DUX pero non contra o Real Madrid CF".