RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Fran Molano novo readaptador do RC Deportivo tras a saída de Pablo López

  O Real Club Deportivo incorporará, a próxima semana, a Francisco Javier Molano Nogueiras para levar a cabo as funcións de readaptador do primeiro equipo, sendo también o coordinador dos servizos de forza, prevenci&oacut

Fran Molano exerceu esta función durante as últimas 5 tempadas no Betis. Antes foi preparador físico e consultor, entre outros equipos, no Real Zaragoza e no Racing de Santander. É Profesor en varios Másteres de Preparación Física e de Readaptación en Fútbol (RFEF. LFP. Universidade Pablo de Olavide).

 
A chegada de Fran Molano prodúcese tras a saída de Pablo López rumbo ao Besiktas. Pablo, preparador físico readaptador do primeiro equipo, grazas ao seu traballo, formación e experiencia no Deportivo, cambia A Coruña por Istambul tras 14 tempadas, 7 como fisioterapeuta e 7 como readaptador do primeiro persoal. 
 
O Real Club Deportivo quere agradecerlle a Pablo López a súa profesionalidade e dedicación durante estas 14 tempadas á vez que lle desexa moitos éxitos na súa nova etapa en Turquía.
 
O Real Club Deportivo foi o primeiro Club en deseñar as funcións e tarefas do preparador físico especializado en forza, prevención e readaptación de lesións, sendo varios dos profesionais formados no Club requiridos por outras institucións.
 
Un dos primeiros readaptadores do Dépor foi Carlos Lalín, que despois de 10 tempadas no Club traballou no Real Madrid (5 tempadas) e posteriormente no Chelsea, antes de recalar esta campaña no Manchester United.
 
A través de acordos coa Universidade da Coruña, outras universidades e clubs de fútbol, cada ano hai varios profesionais realizando estancias prácticas nesta función profesional no Dépor. Algúns deles desenvolveron as súas funcións como responsables de preparación de forza, prevención e readaptación en equipos profesionais como o R. Madird, Chelsea, Manchester U., Newcastle, Sheffield, Charlton, Northampton, Hull, F.C. Barcelona, Xetafe ou Valladolid.