RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Francisca Lara regresa á Coruña após disputar de titular con Chile dous amigables ante Arxentina

-Foto: https://x.com/LaRoja

 

Francisca Lara (29 de xullo de 1990, San Fernando, Chile) disputou dous partidos amigables coa súa selección, Chile, ante Arxentina.

O primeiro deles foi o pasado sábado 22 de febreiro no Estadio Bicentenario da localidade de La Florida.

A futbolista do Dépor ABANCA foi titular e foi substituída no descanso dun encontro que gañaron as arxentinas (0-3).

De novo Francisca Lara saíu no once inicial chileno onte martes 25 de febreiro, tamén ante Arxentina, esta vez no Complexo Deportivo Juan Pinto Durán.

Nesta ocasión, o resultado foi de empate sen goles (0-0).

Con estes dous encontros, a xogadora deportivista e a súa selección nacional preparan a Copa América.