RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Freada do Fabril no Cerro do Espino

- Foto: @AtletiAcademia -

O Fabril freou a súa recuperación ao caer derrotado no Cerro do Espino (3-0) co Atlético de Madrid B, en partido correspondente á 14ª xornada no grupo 1º de Segunda División B.

Nesta ocasión, os fabrilistas víronse superados polos colchoneiros, máis dinámicos e con máis chegada á área rival que os pupilos de Sergio Pellicer.

Este marcador deixa ao Fabril con 9 puntos na zona baixa da clasificación.

Fabril: Álex Cobo, Quique Fornos, Lucas, Mujaid, One, Carlos López, Víctor, Javi Cobo, Uxío, Montiel e Diego Villares. Tamén xogaron: Adrián, Gandoy e Pedro.

O vindeiro sábado, o Fabril recibe en Abegondo ao Real Madrid Castilla.

Así marcha a temporada do Fabril:

Internacional de Madrid 2 - Fabril 2 (Víctor -2-)
Fabril 0 - Celta B 1
Fuenlabrada 1 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Ponferradina 2
Burgos 2 - Fabril 1 (Raúl González)
Fabril 1 (Quique Fornos) - CF Salmantino 0
Guijuelo 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Juanje e Montiel) - AD Unión Adarve 3
Fabril 0 - UD San Sebastián de los Reyes 1
Coruxo FC 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Uxío e Gandoy) - Rápido de Bouzas 1
Pontevedra CF 2 - Fabril 2 (Montiel e Villares)
Fabril 1 (Quique Fornos) - Las Palmas Atlético 1
Atlético de Madrid B 3 - Fabril 0