RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Futbolistas do Dépor Genuine visitan o Centro de Día de Maiores de Vilagarcía

Os futbilistas do Dépor Genuine Alejandro Pereira e Alexandra López visitaron onte pola tarde o Centro de Día de Maiores de Vilagarcía de Arousa nunha gran experiencia tanto para os Deportivistas como para os residentes.

Esta visita enmárcase dentro das accións que a Fundación RC Deportivo leva a cabo con motivo do Día Internacional da Discapacidade que se conmemora cada 3 de decembro e co obxectivo de seguir aumentando a divulgación e o coñecemento do proxecto do Dépor Genuine. A actividade levouse a cabo coa colaboración de COGAMI, empresa que xestiona o CAPM de Vilagarcía de Arousa.