RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Gabriel Posse, socio número 139<br>'Premiar a fidelidade do socio é unha iniciativa marabillosa'

Gabriel Posse é un dos 30 socios que o próximo 3 de xullo, na Praia Club, recibirá a insignia de ouro e o carné de ouro que premia os 50 anos consecutivos formando parte da masa social do R.C. Deportivo.Aínda que a súa data de alta no club data do 1 de se

A súa vida estivo sempre ligada ao Deportivo e ao fútbol modesto. Así, foi o primeiro seleccionador de modestos das Mariñas e a alma máter da Unión Campestre, de quen Gabriel presume con orgullo de ser o vice-decano do fútbol galego, pois foi fundado en 1908. Ademais, prézase de ser o descubridor de Paseiro, futbolista do Deportivo e, posteriormente, da Universidade Católica de Chile. ?Cando era eu seleccionador das Mariñas, leveino eu a un partido e de aí practicamente pasou ao Deportivo?.

-Lembra o seu primeiro partido de espectador do Deportivo?

-Xa me acordo de ir ao fútbol en 1941, no vello Riazor. Lembro as espléndidas paradas de Acuña. Ou o cabezazo que Reboredo lle deu a Paco Bienzobas, que lle abriu a cabeza, cando Paco foille pedir perdón despois de facerlle unha falta. E diante do árbitro, que era Fausto García!

-Cales foron os momentos que lembra con máis agarimo?

-Acórdome coma se fose onte do primeiro partido de Elícegui co Deportivo. Foi un 7-0 ao Baracaldo. Elícegui marcou cinco goles, todos eles de cabeza e a centros de Breijo. A dianteira deses anos (principios do corenta) estaba formada por Breijo, Chacho, Chao, Guimerans...
Tamén no vello Riazor vin o gol máis rápido que nos meteron. Foi un tal Martín, do Barcelona, que o marcou case desde o centro do campo. Non pasaran nin dez segundos desde que pitase o árbitro.
Acórdome con agarimo do primeiro Teresa Herrera. Gañouno o Sevilla ao Ahtletic de Bilbao.

-Tempos difíciles seguro que tamén houbo.

-A época na que baixamos a Terceira foi terrible para o club.

-Durante estes anos supoño que notaría un cambio notable no club.

-Por suposto. Houbo un momento en que por exemplo as oficinas estaban na rúa dos Olmos.

-Con que futbolista quedaría en todo o que leva visto?

-Para o meu Acuña foi o mellor porteiro do fútbol español.

-Que lle parece a iniciativa de que o Dépor premie a fidelidade dos seus socios?

-Paréceme unha iniciativa marabillosa. Lendoiro sabe facer as cousas moi ben. Seguro que lle botaremos de menos cando non estea, como ocorre sempre.