RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Golazo do deportivista De Guzman no amigable da súa Selección, Canadá, ante Brasil

Cayó Canadá (2-3) ante Brasil nun amigable disputado na cidade estadounidense de Seattle. O partido nos dejó un golazo do deportivista De Guzman, desde fóra do área, no minuto 56 de partido. O forte disparo do centrocampista do

O obxectivo do choque de onte foi preparar a primeira eliminatoria de clasificación para o Mundial de Sudáfrica 2010, cuxo rival será San Vicente e as Granadinas; preparación que se completará cun novo amigable o 4 de xuño en Panamá. A ida entre Canadá e San Vicente e as Granadinas será o 15 de xuño en San Vicente e a volta en Montreal o 20 de xuño.

Guinea Ecuatorial tamén ten catro compromisos este mes de xuño clasificatorios para o Mundial: ante Serra Leona (hoxe domingo), Sudáfrica (7 de xuño) e Nixeria (15 e 21 de xuño).

Tamén Coloccini está concentrado con Arxentina. Os rivais da albiceleste serán México en San Diego (Estados Unidos) o día 4; e Estados Unidos en Nova York o día 8 de xuño.

Precisamente Andrés Gardado verase as caras con Coloccini en San Diego o próximo 4 de xuño. O día 8 de xuño o combinado centroamericano enfrontarase en Chicago (Estados Unidos) a Perú. Os outros dous compromisos que ten programados México son clasificatorios para o Mundial de Sudáfrica 2010: o 15 de xuño en Houston (Estados Unidos) fronte a Belice e a volta o 21 de xuño en Monterrey (México) fronte á Selección de Belice.