RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Goleada en Riazor. Deportivo 5 - Osasuna 1

O Deportivo impúxose con goles e gran xogo ao Osasuna que, a pesar de adiantarse no marcador, nada puido facer para frear o vendabal de xogo dos deportivistas. Tristán en dúas ocasións, Donato, Amavisca e Makaay foron os artífices dos tantos.

Polo Deportivo saíron de inicio: Molina, Romeu, Tristán, Amavisca, Scaloni, Sergio, Víctor, Donato, Valerón, Helder e Duscher.

O Osasuna saíu de unicio con: Unzue, Yanguas, Mateo, Alfredo, Cruchaga, Iván Rosado, Puñal, Contreras, Rivero, Aloisi e Pipa Gancedo.

Aínda que o Osasuna adiantábase con gol de Aloisi, o Deportivo comportábase como unha apisoadora e marcaba catro tantos e creaba tres ocasiones máis clarísimas. Tristán dúas veces, Donato e Amavisca foron os goleadores da primeira parte.


Aínda que o Deportivo gozou das primeiras ocasións, fué o Osasuna quen se adiantou nos primeiros minutos. Nunha contra, Aloisi recibe un gran pase de Gancedo, e bate a Molina na súa saída de tiro raso.


O Deportivo entón faise co control total do partido e impón o seu xogo con total claridade. Así, Amavisca consegue roubar un balón en campo do Osasuna e toca para Valerón. Este mete unha diagonal incrible que deixa a Tristán sobre a liña da área, espera a saída de Unzúe, e marca de tiro raso entre as pernas do porteiro.


O segundo chegaría cando Víctor penetraba pola banda, e aínda que era agarrado polo seu marcador, lograba a centrar ao momento de penalti. Tristán nun fallo do seu marcador controlaba e disparaba metendo o segundo gol do partido.


O terceiro chegaba cando Tristán era derrubado o a frontal cando ía encarar a Unzúe. O saque da falta en curto golpeábao forte Donato e marcaba o terceiro.

A continuación unha gran xogada de Valerón para Tristán, e este para a entrada de Amavisca que batía ao porteiro na súa saída.


O Osasuna facía o seu pimer cambio e saía Lekumberri por Rivero para disputar a segunda parte. Pola súa banda Tristán retirábase nos primeiros minutos cunha gran ovación e entraba Makaay. No 15 entraba Djalminha por Valerón.

O Deportivo continuou facendo un gran xogo e creando ocasión tras ocasión. Así chegaría o quinto no minuto 66 cando Sergio en banda metía un gran pase para a carreira de Makaay, que rompe o fóra de xogo e se interna na área. Tira raso cruzado e marca.


De aí ata o final o Deportivo continuou creando ocasións de gol que non acabaron frutificando. Djalminha entraba por Valerón e Mauro por Sergio, pero a pesar dos cambios o equipo continuaba dominando, e chegábase ao final co marcador de cinco a un.