RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Gran xornada mañá sábado en ANOSACANTEIRA, co Fabril en Guijuelo e o Dépor ABANCA B en Abegondo

#ANOSACANTEIRA prepárase para unha gran xornada de fútbol mañá sábado 2 de decembro.

A Fabril visita ao CD Guijuelo ás 17:00 no Municipal Luis Ramos. Os fabrilistas chegan ao encontro asentados na zona media da táboa de Segunda Federación e despois de derrotar con suficiencia ao CD Cayón en Abegondo o pasado domingo.

Óscar Gilsanz poderá contar con Jairo e Marc Lachèvre, dous futbolistas que se adestraron toda a semana ás ordes de Imanol Idiakez; aínda que son baixa por lesión Diego Gómez, Puerto, Álex Pereira e Quique Teijo.

En Abegondo están previstos un total de 4 partidos.

O Dépor ABANCA B, segundo xa na táboa de Tercera Federación FutFem, recibe (16:15) ao PM Friol.

Óscar Orro citou ás seguintes futbolistas: Martina Rivas, María Calvo, Celia Sousa, Uxía López, Lucía Mariño, Elena Vázquez, Carmen Carballada (na foto da noticia), Sara Cercido, Laura Testa, Macarena González, Paula Monteagudo, Noela, Elena López 'Cusi', Lucía Rivas e Laura Otero; ademais de Uxía Rabuñal, Noelia Mayo e Laura Santos, xuvenís do Orzán SD.

O pasado martes, o filial feminino impúxose (2-0) á selección galega sub-17 nun amigable disputado no campo da Lavandeira en Culleredo.

Compiten ademais na Cidade Deportiva o Xuvenil A (12:00 ante o CD Choco), Xuvenil B (16:15 fronte ao Alondras CF) e Infantil (11:30 fronte ao Escola Fútbol DSF).

Outros dous encontros dispútanse no Monte: o San Tirso SD Cadete fronte ao UD Ourense (10:45) e o San Tirso SD Infantil ante o AJ Lérez (12:30).

Ademais dos alevíns e o Benxamín A na Torre, e co Fabril FC Benxamín nas Eiroas ante o ED Luis Calvo Sanz (12:00), fóra de casa xoga o Orzán SD Cadete Femenino en Lalín (11:00).

O pasado mércores, tres futbolistas orzanistas participaron coa selección galega sub-15 nun amigable no campo Manuel Regueira da Estrada ante o Escola Estrada FB: Antía Veiga, Claudia Sande e Daniela Macedo.

Na xornada do domingo, o Cadete, ao mando na División de Honra, visita ao Victoria CF ás 10:00 na Grela 1.

Ademais, quedan os partidos dos orzanes: o Orzán SD Xuvenil Femenino na Torre ante o Tomiño FC Femenino (18:00), o Orzán SD B sub-16 Femenino en Brexo Lema (19:00), o Orzán SD Infantil A Femenino en San Pedro de Visma ante o Atlético Arteixo (12:00) e o Orzán SD Infantil B Femenino na Torre ante o Arzúa FCF (12:00).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Amigable (martes 28 de novembro): DEPORTIVO ABANCA B 2 (Uxía López e Laura Otero) - SELECCIÓN GALEGA SUB-17 0
12ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - PM FRIOL, mañá sábado 2 de decembro ás 16:15 en Abegondo
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF, 31 puntos; 2. Deportivo ABANCA B e Lóstrego CF, 28 puntos; 4. Sárdoma CF, 24 puntos; 5. Olímpico de León e PM Friol, 20 puntos...

12ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - TOMIÑO FC FEMENINO, o domingo 3 de decembro ás 18:00 na Torre (campo 2)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF e Orzán SD Xuvenil Femenino, 25 puntos; 3. SD O Val, 21 puntos... 6. Tomiño FC Femenino, 17 puntos...

12ª xornada: BREXO LEMA SD - ORZAN SD B SUB-16 FEMENINO, o domingo 3 de decembro ás 19:00 no campo de Os Pinares  (Brexo Lema)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 5. Brexo Lema SD, 19 puntos... 11. Cultural Maniños e UD Santiso FC, 12 puntos; 13. Orzán SD B sub-16 Femenino, 11 puntos...

12ª xornada: EF LALÍN - ORZÁN SD CADETE FEMENINO, mañá sábado 2 de decembro ás 11:00 no Anexo Manuel Anxo Cortizo (Lalín)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 27 puntos; 2. Victoria CF e Escuela FB Amistade, 24 puntos; 4. SD O Val (un partido máis) e EF Lalín, 19 puntos...

12ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - ATLÉTICO ARTEIXO, o domingo 3 de decembro ás 10:00 en San Pedro de Visma (campo 2)
12ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO - ARZÚA FCF, o domingo 3 de diciebre ás 12:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Infantil A Femenino, 30 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 27 puntos; 3. SCD Pastoriza, 24 puntos... 7. Atlético Arteixo (un partido máis), 11 puntos... 11. Arzúa FCF (un partido máis), 8 puntos... 13. Orzán SD Infantil B Femenino, 4 puntos...

Segunda Federación
14ª xornada: CD GUIJUELO - FABRIL, mañá sábado 2 de decembro ás 17:00 no Municipal Luis Ramos (Guijuelo)
Clasificación: ... 7. Racing Villalbés, 20 puntos; 8. CD Guijuelo, 18 puntos; 9. Fabril, 17 puntos; 10. Valladolid Promesas, 16 puntos; 11. RS Gimnástica de Torrelavega, 15 puntos...

Categoría xuvenil
13ª xornada: XUVENIL A - CD CHOCO, mañá sábado 2 de decembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta e Real Oviedo, 27 puntos; 3. Xuvenil A, 26 puntos; 4. Real Racing Club, 25 puntos; 5. SD Compostela, 22 puntos; 6. CD Choco, 18 puntos...

14ª xornada: XUVENIL B - ALONDRAS CF, mañá sábado 2 de decembro ás 16:15 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 36 puntos; 2. RC Celta B, 29 puntos... 8. Alondras CF, 18 puntos...

Categoría cadete
12ª xornada: VICTORIA CF - CADETE, o domingo 3 de decembro ás 10:00 na Grela 1 (A Coruña)
12ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - UD OURENSE, mañá sábado 2 de decembro ás 10:45 no Monte (San Tirso)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 33 puntos; 2. RC Celta, 31 puntos; 3. CD Conxo Santiago, 28 puntos... 13. UD Ourense e CD Areosa, 9 puntos; 15. San Tirso SD Cadete, 7 puntos... 18. Victoria CF, 5 puntos

Categoría infantil
11ª xornada: INFANTIL - ESCOLA FÚTBOL DSF, mañá sábado 2 de decembro ás 11:30 en Abegondo
11ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - AJ LÉREZ, mañá sábado 2 de decembro ás 12:30 no Monte (San Tirso)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 30 puntos; 2. RC Celta, 28 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 20 puntos; 4. AJ Lérez, 18 puntos; 5. Victoria CF e Escola Fútbol DSF, 17 puntos... 11. San Tirso SD Infantil, 10 puntos...

Categoría alevín
3ª xornada (martes 28 de novembro): ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - ALEVÍN A 3 (Enzo Bértoa -2- e Álvaro Gómez)
7ª xornada: ALEVÍN A - URAL ESPAÑOL CF, mañá sábado 2 de decembro ás 9:00 na Torre (campo 2.2)
7ª xornada: CF DEPORTIVO ORZÁN - FABRIL FC ALEVÍN, mañá sábado 2 de decembro ás 17:00 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Alevín A e Fabril FC Alevín, 18 puntos; 3. CD Calasanz (un partido menos), 10 puntos; 4. Ural Español CF (un partido menos) e Atlético Coruña Montañeros CF, 9 puntos... 10. CF Deportivo Orzán (un partido menos), 0 puntos

Categoría benxamín
3ª xornada (martes 28 de novembro): BENXAMÍN A 9 (Leo Lorenzo -3-, Alberto Novo -3-, Mateo Cardelle, Álex Casado e Antón Fernández) - URAL ESPAÑOL CF 2
7ª xornada: VICTORIA CF - BENXAMÍN A, mañá sábado 2 de decembro ás 10:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Benxamín A, 15 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos) e Ural Español CF, 12 puntos...

3ª xornada (martes 28 de novembro): FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Leo Galván -2-, Nico Castro -2-, Joel Losada -2-, Martín Coronel e Martín Martelo) - SPORTING CAMBRE 2
7ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ - FABRIL FC BENXAMÍN, mañá sábado 2 de decembro ás 12:00 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Alevín, 18 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz (un partido menos) e Santa Cruz CF, 12 puntos...

/* Bot imbee */