RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

'Hat trick' de Gaby no triunfo do Dépor ABANCA sobre o Eibar

O Deportivo ABANCA superou (4-1) á SD Eibar en amigable disputado está tarde no Estadio Román Suárez Puerta de Avilés.

A dianteira Gaby foi a protagonista do encontro, posto que logrou un 'hat trick'. Michelle Romero completou o marcador favorable para as branquiazuis, a dúas semanas do arranque ligueiro en Abegondo ante o RCD Espanyol.

O RC Deportivo quere agradecer ao Real Avilés todas as facilidades dadas para a celebración deste encontro entre un equipo de Primeira Iberdrola (Dépor ABANCA) e outro de Reto Iberdrola (SD Eibar).

Dépor ABANCA: Misa, Cris, Laura, Noelia Villegas, Nuria Rábano, María Méndez, Kika, Alba Merino, Gaby, Peke e Athenea. Tamén xogaron: Maya, Michelle Romero, Teresa Abelleira, Silvia Mérida, Patri Díaz e Iris.

A seguinte cita, última do verán, será o vindeiro sábado 31 de agosto en Braga ante o SC Braga, campión luso.

As citas de pretemporada previstas para o Dépor ABANCA, cos resultados dos partidos xa xogados, son as seguintes:

Mércores 31 de xullo, dezaseisavos de final da Copa Deputación: Once Caballeros CF 0 - Deportivo ABANCA 4 (Nuria Rábano, Kika, Peke e Noelia Villegas)
Domingo 4 de agosto: Campo de La Eragudina (Astorga), Deportivo ABANCA 0 - Madrid CFF 2
Luns 5 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo da Porta Santa (Paiosaco), UD Paiosaco Hierros Añón 0 - Deportivo ABANCA 8 (Patri López -3-, Nuria Rábano -2-, Peke -2- e Silvia Mérida)
Xoves 8 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, Abegondo: Orzán SD 0 - Dépor ABANCA 9 (Michelle Romero, Yamamoto, Peke -3-, Alba Suárez, Patri López, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Sábado 10 de agosto: Trofeo Teresa Herrera, Estadio ABANCA-RIAZOR, Deportivo ABANCA 1 (Alba Merino) - UD Granadilla 5
Domingo 11 de agosto: Semifinais da Copa Deputación, Municipal de Santa Isabel (Santiago), Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Patri López, Carlota, Peke e Alba Suárez)
Mércores 14 de agosto: Final da Copa Deputación, campo das Eiroas (Carballo), Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 6 (Peke, María Méndez -2- Alba Suárez, Nuria Rábano e Carlota) 
Sábado 17 de agosto: Trofeo '3 en 1' Vila de Jovellanos, campo de Santa Cruz (Xixón), Deportivo ABANCA 2 (Peke e Alba Merino) - Real Oviedo Femenino 0; Sporting de Gijón 0 - Depotivo ABANCA 4 (Alba Merino, Michelle Romero e Gaby -2-)
Sábado 24 de agosto: Estadio Román Suárez Puerta (Avilés), Dépor ABANCA 4 (Gaby -3- e Michelle Romero) - SD Eibar 1
Sábado 31 de agosto: SC Braga - Deportivo ABANCA, en Braga (Portugal)