RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Hoxe en Depor Sport...<br>Riazor estreará novos tornos no partido contra o Athletic

O Real Club Deportivo continúa o seu proceso de modernización do Estadio de Riazor. Así, este domingo, os afeccionados das bancadas de Pavillón Inferior e Superior estrearán un novo sistema de tornos cuxo obxectivo principal é a de axilizar a entrada dos

Con este sistema, que moi pronto se instalará no resto de portas do Estadio de Riazor, o abonado do Dépor ten que colocar o seu carné baixo o escáner-lector situado na parte frontal do torno. O socio deberá suxeitar o abono boca arriba e co código de barras cara adiante e o escáner lerá automaticamente o código de barras, momento no que se emitirá un asubío e unha luz verde que indica que o afeccionado pode pasar. No caso de que a luz sexa vermella, impediráselle o paso.

Este sistema será tamén aplicable ás entradas soltas vendidas para cada encontro.