RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Hoxe en DeporSport<br>O Deportivo embolsarase medio millón de Euros se o Bayern gaña a Bundesliga

Dépor Sport, o xornal oficial do Deportivo, lembra hoxe os termos vantaxosos para o club coruñés nos que se realizou o traspaso do dianteiro deportivista Roy Makaay ao Bayern de Munich alemán. Tras os resultados do fin de semana, o conxunto báv

O equipo alemán fíxose cos servizos do dianteiro no verán de 2003 tras unhas longas negociacións. Finalmente incluíronse unhas cláusulas no documento que estarán vixentes mentres dure o contrato do ariete co Bayern, que expira en xuño de 2008. Neses acordos estipúlase que o Bayern deberá pagar ao Deportivo 500.000 euros por cada título de Liga que consiga e un millón de euros se logra algunha Liga de Campións. Ademais, o cadro xermano comprometeuse a participar nunha edición do Trofeo Teresa Herrera ou na súa falta abonar outro medio millón de euros. A próxima campaña o gran obxectivo que se marcan os dirixentes e o corpo técnico do Bayern é volver reinar en Europa. O adestrador, Felix Magath, pediu hai uns días reforzos para afrontar a próxima edición da Champions con plenas garantías. Ese título deixaría de novo unha importante cantidade na conta do Deportivo.