RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Hoxe, xornada de Copa. O mércores en Riazor, Deportivo-Real Madrid

Os afeccionados agardan con verdadeiro interese o encontro de volta de Copa que esta tarde, ao catro e media, disputarán o Deportivo Xixón e o Coruña, no campo do Molinón, baixo a arbitraxe de Urízar, do colexio biscaíño.

No partido de ida os galegos só puideron gañar po un a cero, de todos os xeitos, por aquí pénsase que a boa marcha dos coruñeses en Segunda División ten que corresponder a unha indiscutible potencialidade.

O vindeiro mércores ao oito e cuarto xogarase no estadio de Riazor o amigable entre o Deportivo e o Real Madrid, cuxo arbitraxe correrá a cargo de Carreira Abad. Este enfrontamento esperta o interese dos afeccionados dada a indubidable valía do conxunto que dirixe o iugoslavo Miljanic...