RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Hugo Rama adéstrase co grupo mentres que Eddahchouri e Dani Barcia avanzan na súa recuperación

Hugo Rama adestrouse esta mañá co grupo e puido mesmo participar no partido a tres cuartas partes do campo 1 co que Óscar Gilsanz continúa a preparación do partido deste domingo 1 de xuño ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR ante o Elche CF.

Con dúas sesións (a de mañá venres 30 e o sábado 31 ás 11:00 en Abegondo) aínda por diante, os Servizos Médicos do RC Deportivo agardarán á súa evolución para saber se o canteirán está en condicións de competir.

Así mesmo, Zakaria Eddahchouri e Dani Barcia comezaron a súa incorporación aos adestramentos ao facer tarefas co resto dos seus compañeiros, como a activación con rondos e un exercicio de finalizacións.

Así pois, ambos os futbolistas tamén entran na recta final da súa recuperación.

Alberto, Guerrero, Kevin Sánchez e Jaime Garrido representaron a #ANOSACANTEIRA.