RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

I Torneo Fútbol 7 Alevín e Benjamín RC Deportivo da Coruña

Este luns, 17 de maio, a cidade deportiva de Abegondo, O Mundo do Fútbol, acollerá o I Torneo de Fútbol 7 alevín e benjamín do Real Club Deportivo da Coruña. O torneo, organizado polo Real Club Deportivo da Coruña, conta coa colaboración de Coca Cola e re

Os clubs participantes son os equipos de Alevíns e Benjamines de OZA XUVENIL SD, ATLÉTICO ARTEIXO, Sta. Mª MAR, ESCOLAS CALVO, S.D. OSEIRO, C.D. TOURO, IMPERÁTOR S.F., BETANZOS C.F., SPORTING MEICENDE, ABANQUEIRO S.D., OLÍMPICO RUTIS, MILLADOIRO S.D., VITORIA C.F., ORTIGUEIRA C.F., MONTAÑEIROS B.G., RACING VILLALBÉS, BERTAMIRANS S.D., SPORTING LAMPÓN, VIOÑO C.F., PORTAZGO S.D., SAN CRISTÓBAL S.D., TORRE C.F., S.D. AZCÁRRAGA , DUBRA S.D., CIDADE XARDÍN, DODRO S.D., ORILLAMAR S.D., PAVILLÓN PATERNINA, S.D. SEN QUERER, SPORTING CAMBRE, BREXO LEMA S.D., C.D. BOIRO, COMPAÑÍA MARÍA, S.D.V. CABO DE CRUZ, ORZÁN S.D., RAIO SADENSE, MARABILLAS S.D., GALICIA GAITEIRA e REAL CLUB DEPORTIVO DA CORUÑA.

Os partidos terán unha duración de 20 minutos na primeira fase, sen descanso entre eles, e de 20 minutos na fase final de eliminatoria (oitavos e cuartos de final).

As semifinais, 3º e 4º posto e finais disputaranse cunha duración de 2 tempos de 15 minutos cada un deles, con 5 minutos de descanso.

Se por calquera circunstancia un equipo queda sobre o terreo de xogo con menos de 5 xogadores dispoñibles para o xogo, o partido suspenderase e determinarase perdedor ao citado equipo cun resultado de 0-3, salvo que a dife-rencia de goles a favor para o outro club fose superior. En caso de ser eliminato-ria, o equipo infractor quedará automaticamente eliminado.

Por proximidade dos terreos de xogo e a participación simultánea, non se deterán os partidos pola entrada de balóns, salvo que o árbitro considere que interrompe o normal desenvolvemento do xogo.