RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Presentado en Ribadeo o Trofeo Emma Cuervo que enfronta o 6 de agosto ao Dépor e ao Real Oviedo

A 74 edición do Trofeo Emma Cuervo, que enfrontará o 6 de agosto ás 19:00 ao Dépor e ao Real Oviedo, foi presentada no campo municipal Pepe Barrera de Ribadeo.

Representou á entidade deportivista o Conselleiro Carlos Ballesta, que estivo acompañado (na foto de esquerda a dereita) por Diego Dos Santos, Concelleiro do Concello de Ribadeo; Manuel Otero, Xefe Provincial de Deportes da Xunta de Galicia; Daniel Veiga, Alcalde de Ribadeo; Valentín Coto, Presidente do Ribadeo FC; Manuel Paredes, Vicepresidente do Real Oviedo; Daniel García, representante da Excma. Deputación de Lugo; e Carmen Cruzado, Presidenta de ACISA (Asociación Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos) Ribadeo.

Os prezos das entradas son de 20 euros (maiores de 15 anos); e 5 euros (para nenos entre 8 e 15 anos); mentres que os menores de 8 anos teñen acceso gratuíto.

As localidades pódense adquirir en varios puntos de venda en Ribadeo (Cafetaría Rosa Lar, Delira Gastromica, Cienfuegos Bar e O Lar de Manolo) e nos despachos de billetes do campo municipal Pepe Barrera o mesmo día do partido.

Dépor ABANCA e CA Osasuna en categoría feminina

Así mesmo, o Dépor ABANCA e o CA Osasuna pelexarán pola 5ª edición do Trofeo Emma Cuervo en categoría feminina.

Nesta ocasión o encontro está fixado para o sábado 23 de agosto ás 12:00 tamén no Municipal Pepe Barrera de Ribadeo.