RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Inês Pereira logra con Portugal a clasificación para a Fase Final da Eurocopa 2025

-Foto:@selecaoportugal

 

Portugal e Inês Pereira lograron a clasificación para a Fase Final da Eurocopa de 2025 no AGC Area de Teplice ao vencer (1-2) á República Checa no partido de volta do play off final de clasificación.

Neste caso, a gardameta deportivista seguiu o encontro desde o banco.

Na ida entre ambas as seleccións disputado o pasado venres 29 de novembro no Estadio do Dragao no Porto houbo igualada (1-1) nunha marca de espectadores nun partido de fútbol feminino, cun total de 40.189.

A gardameta do Dépor ABANCA xogou completo o choque.

Na Rolda 1, Inês Pereira e as súas compañeiras eliminaron a Azerbaiján.

Os resultados de Portugal neste play off final de clasificación foron os seguintes:

Venres 29 de novembro
PORTUGAL 1 - REPÚBLICA CHECA 1

Martes 3 de decembro
REPÚBLICA CHECA 1 - PORTUGAL 2

Finalizado o partido, Inês Pereira regresou á Coruña para incorporarse de novo ao cadro deportivista.