Infantil B, alevíns e benxamíns de #ANOSACANTEIRA empezarán a competir o 11 de abril
A Federación Galega de Fútbol fixou para o 11 de abril o inicio das competicións para o Infantil B, os dous equipos alevíns e os dous benxamíns de #ANOSACANTEIRA.
O formato de competición quedará definido nos próximos días, aínda que será exprés para esta temporada 2020-21, de tres meses de duración e sempre supeditada ás condicións sanitarias derivadas da pandemia de COVID-19.
Non haberá descensos pero si ascensos; e será obrigatorio o uso de máscara.
Infantil B, Alevín A, Fabril FC Alevín, Benxamín A e Fabril FC Benxamín regresaron aos adestramentos en Abegondo o pasado 1 e 2 de marzo despois de varias semanas con sesións telemáticas.
No caso de alevíns e benxamíns suman xa dous amigables nesta peculiar pretemporada, co EF Luis Calvo e Bertamiráns FC como rivais.