RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Iniciativa solidaria da pena deportivista Manuel Pablo

A peña deportivista Manuel Pablo acaba de iniciar unha campaña solidaria baixo a lema "En nadal xuntos podemos", que consiste na recollida de alimentos para entregar posteriormente a familias coruñesas necesitadas.

A recollida realizarase o domingo 9 de decembro, aproveitando o partido Atlético de Madrid-Dépor, na cervecería Canosa, situada na Rolda de Outeiro nº 198. Todo aquel que queira colaborar e non poida achegarse ese día por alí pode porse en contacto a través de facebook (https://www.facebook.com/ennavidadjuntospodemos), por teléfono no 608-605261 ou ben no correo electrónico: pdeportivistamanuelpablo@hotmail.com