RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Intensa e longa sesión de adestramento hoxe luns despois da xornada de descanso de onte

O Deportivo retomou os adestramentos esta mañá en Abegondo despois da xornada de descanso de onte domingo.
 
Como vén sendo habitual, o corpo técnico branquiazul alternou traballo físico con tarefas técnicas nunha mañá dura e longa, con case dúas horas e media no campo. Así, o cadro arrincou con core e un circuíto de forza supervisado polos preparadores físicos Luis Fandiño e Sergio Roca.
 
A continuación houbo rondos, unha serie de exercicios tácticos e fútbol reducido. A xornada concluíu cunha tarefa física de potencia aeróbica de novo ao mando dos preparadores físicos.
 
A novidade esta mañá foi a presenza de Héctor Hernández no grupo. O lateral deportivista, que a pasada semana estivo á marxe do grupo, completou con normalidade todas as tarefas.
 
Así pois, só están con traballo invidualizado Borja Granero e os canteiráns Dani Barcia e Trilli, quen con Brais Val e Mella, estes con o resto do equipo, constituíron a representación de #ANOSACANTEIRA.
 
Roberto Olabe, que o pasado sábado non xogou enteira a segunda metade no campo Ponte dos Brozos de Arteixo a consecuencia dunha molestia nun aductor, retirouse aos vestiarios na parte final. Os Servizos Médicos non queren correr ningún risco nesta parte inicial da temporada e dosifican así a carga de traballo do centrocampista branquiazul.
 
Mañá martes 26 de xullo está previsto dobre quenda: 10:30 e 19:00 horas.