RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Intensa semana para Os Nosos con dous partidos, ante CD Tenerife e SD Eibar, e as súas viaxes respectivas

O Dépor comeza mañá luns 27 de xaneiro unha intensa semana con dous partidos (mércores 29 en Tenerife e 2 de febreiro en Eibar) coas súas respectivas viaxes.

Cos resultados da última xornada, e a derrota ante o Levante UD de onte sábado en ABANCA-RIAZOR, Os Nosos encaran o primeiro deses dous partidos, correspondente á 19ª xornada que foi aprazado o pasado 15 de decembro polo temporal, en 16ª posición de LaLiga Hypermotion con 28 puntos; aínda que por detrás, con 27, veñen o Cádiz CF e o Burgos CF que tamén teñen pendente disputar os partidos desta xornada pasada.

"Despois dunha derrota o que queres é que chegue o próximo partido canto antes. Temos un entre semana e xa estamos a mirar a este partido, analizando as cousas que fixemos ben, que fixemos mal hoxe (por onte)", declarou Jose Ángel na zona mixta de ABANCA-RIAZOR concluído o encontro ante o Levante UD.

Iván Barbero fala así mesmo de "un reto importante para sumar" o encontro no Heliodoro Rodríguez López.

A semana para o Dépor complétana un total de 3 sesións de traballo matinais en Abegondo e a do martes 28, que será na Cidade Deportiva do CD Tenerife ás 18:00 (hora local).

O adestramento do sábado 1 de febreiro adianta o seu horario ás 10:00 debido a que, ao concluír, os convocados por Óscar Gilsanz desprázanse en autocar ao País Vasco.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 27 de xaneiro
11:00, Abegondo

Martes 28 de xaneiro
18:00 (hora local, 19:00 hora galega), Cidade Deportiva do CD Tenerife

Mércores 29 de xaneiro
21:00 (hora galega, 20:00 hora local): CD Tenerife - Deportivo, no Heliodoro Rodríguez López

Xoves 30 de xaneiro
Descanso

Venres 31 de xaneiro
11:00, Abegondo

Sábado 1 de febreiro
10:00, Abegondo

Domingo 2 de febreiro
16:15: SD Eibar - Deportivo, en Ipurúa