RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Irene Ferreras pide a #ANOSAFORZA "que poida vir axudarnos, porque xa non é a ver o partido, senón a axudarnos"

Irene Ferreras subliñou esta mañá en rolda de prensa que de cara ao partido de mañá sábado en Abegondo (12:00 horas, Youtube RCDeportivo) ante o Cacereño Femenino, correspondente á volta da semifinal de ascenso á Liga F, "trouxemos un bo resultado da ida e agora o factor campo ten que ser determinante e nós temos que xogar coa ambición de pasar á final do playoff".

Por este motivo, "pedimos a #ANOSAFORZA que poida vir axudarnos, porque xa non é a ver o partido, senón a axudarnos. O equipo vai ter carácter, vanse a sentir orgullosos do que van ver seguro".

Lembra que a afección "sempre estivo aí e eu creo que nun partido tan fundamental, determinante para nós van estar máis se cabe. Eu que hei ir vendo durante a temporada o que hai nos campos dos rivais, creo que temos a sorte de ter a mellor afección. Así o sentín durante toda a temporada e creo que é o noso factor diferencial neste partido".

Así pois, espera mañá na Cidade Deportiva "o mellor de nós e de nós cara a #ANOSAFORZA porque o mereceu. O apoio que nos deron durante a temporada e os resultados que tivemos aquí avalan a boa sinerxía e a boa harmonía que houbo en Abegondo. E de parte da afección espero o que #ANOSAFORZA: arrouparnos, tentar que isto estea a rebordar, que aperten marcando aínda máis a diferenza. Do que eu vin esta temporada, é o lugar onde sente máis arroupo cara ao seu equipo, onde a xente está máis vinculada, onde hai máis seguimento. E a maxia de Abegondo, que desde o primeiro día que eu cheguei aquí sentina e agora, nun partido desta transcendencia, podemos contar con eles ao 100%".

Salvando ao SD Eibar, xa ascendido, presume o Dépor ABANCA de ser "o mellor equipo da categoría en canto a buscar ese ascenso. O Cacereño si que se nos deu mal en liga, creo que o outro día (no partido de ida) facemos un partido moi serio que nos reforza moitísimo. O equipo mostrou un carácter competitivo moi alto. Fixéronse as cousas que se traballaron, que se pediron. Demostrámonos que temos capacidade para gañar ao Cacereño sen ningún problema, é dicir, sufrindo en calquera partido de fútbol, pero a nosa capacidade e o noso talento está aí. E temos que xogar o partido sen ningún complexo".

É consciente que co 0-0 da ida, mañá sábado "co resultado que temos válenos. Non quere dicir que vaiamos saír a empatar, nin moito menos, pero temos que ser listas para ir vendo o que toca en cada momento do partido".

Pretende un Dépor ABANCA "serio, sólido, que non nos xeren moito porque estou convencida de que nós a nivel ofensivo imos xerar seguro máis que na ida polas condicións do campo, porque aquí somos outro equipo a nivel de xogo".

Irene Ferreras confesa que "temos moitas ganas de celebrar goles, de facer todo o que levamos traballando durante toda a temporada". "Temos que xogar sen precipitación, sen ansiedade, ir medindo o que necesita o partido en cada momento", conclúe.

En canto á situación anímica do cadro, comenta que "tentamos ilusionarnos cada día. Temos a oportunidade de seguir preparándonos. Reforceilles esa idea, que vexan isto como unha oportunidade. Temos moita sorte de estar a vir a adestrar cun obxectivo que cumprir, non por vir cumprir expediente. Eu creo que o equipo está con moita ilusión. É verdade que segundo se vai achegando o partido séntese máis esa aura".

Iso si, aprecia que "a temporada está a ser moi longa entón hai días que custa e que che tes que poñer outra vez o obxectivo na cabeza para poder ter esa motivación".

Do partido de ida da pasada fin de semana en Cáceres afirma Irene Ferreras que "non fixemos un gran fútbol asociativo, aínda así conseguimos xerar 2 ou 3 ocasións claras que podían encarrilar a eliminatoria. A partir de aí, sentín que no ti a ti, niso que elas son moi boas porque é un equipo moi físico, moi de duelos, nós estivemos presentes en todo momento. O partido empezou dunha maneira moi intensa, cunha declaración de intencións de que o equipo ía ser agresivo, de que iamos decidir ben en que momento xogar e en que momento non arriscar. Vimos un equipo moi maduro que nos permite saír reforzadas porque sabendo que tendo un pouquiño máis de acerto e sabendo que se cadra tendo máis argumentos ofensivos como entendo que podemos ter aquí imos ter opcións de gañar, por suposto".

Pon o foco "no acerto sobre todo, non no erro; no acerto, en atopar fluidez, en asociarnos, en estar cómodas, en atopar momentos onde as cousas flúen, porque cando nós estamos conectadas e as cousas saen de maneira natural, somos un equipo que fai moito dano, moi impredicible. O Cacereño é un equipo moi agresivo na presión, que non ten complexos para ir a duelos. Aí neses duelos individuais, non só por saír ben parado para xerar esa vantaxe, senón o estar precisas para atopar esas xogadoras de cara, para aproveitar eses saltos seus e poder aproveitar os espazos que deixan nesa presión, aí é onde temos que tentar ser mellores en función do que elas propoñan. A partir de aí, aproveitar as situacións, ser capaces de ser solventes na nosa área e estou segura que de cara a porta sinto á xente con moi boa enerxía de buscar portería e de atopar situacións de gol".