RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Irureta: A actuación arbitral foi a mellor defensa do Barcelona

Publica Marca Dixital:O adestrador do Deportivo, Javier Irureta, criticou a arbitraxe do andaluz Medina Cantalejo no encontro Barcelona-Deportivo do pasado sábado. O técnico vasco afirmou, en primeiro lugar, que "a actuación arbitral foi a mellor defensa

Jabo detallou as xogadas polémicas: "Ademais do penalti a Djalminha o primeiro gol do Barcelona vén precedido dun saque de banda que era para nós e que os sinalou a favor deles. Tamén sufrimos dúas expulsións moi rigorosas nos últimos minutos como a de Pauleta, que non mata unha mosca. Por contra, Bogarde fixo dous ou tres entradas duras e seguiu no campo". De todas as maneiras, Irureta xa pensa no próximo partido ante o Real Oviedo: "Isto é auga pasada e temos que mirar adiante. Cando se perde nunca se está satisfeito pero vaise dixerindo co tempo. Seguimos líderes e temos que gañar o domingo ao Oviedo. Non se nos pode escapar nin un dos 15 puntos que nos quedan por xogar en Riazor". Por último, o adestrador deportivista fixo referencia ao 'Turu' Flores como recambio para as numerosas baixas do equipo: "É un bo momento para que poida ter a súa oportunidade e facer valer o seu fútbol".