Irureta: que Rafa Benítez sexa o seu técnico é un hándicap para nós
Javier Irureta, que ante o Liverpool non poderá contar co
sancionado Sergio, someteuse esta mañá ás preguntas dos medios
informativos na sala de prensa de "O Mundo do Fútbol".
-Chega este partido nun bo momento pola dinámica de resultados
positivos do equipo? -Nunca se sabe. Son factores que poden axudar pero xogar en Anfield
é complexo. O Liverpool é un equipo que ten moita historia, polas súas
filas pasaron xogadores míticos e foi campión de Europa. -Outra torre que derrubar, Anfield. -A verdade é que temos esta posibilidade. Conseguímolo xa
nalgún que outro campo importante de Europa, aínda que non en todos. Máis que nada
é fundamental o triunfo para asentarnos no grupo, e pensando nos dous
partidos seguintes que temos en casa. -O empate sería un bo resultado?
-Nunca se sabe. Había que ver o resultado do outro partido do
grupo. A nosa idea é, desde logo, facer o mellor resultado posible. Vai ser
un partido con tensión e con moitos alicientes. Será un paso importante para
calquera dos dous que resulte gañador. -É un hándicap que Benítez sexa o adestrador?
-Seguro. Ten de nós un coñecemento exhaustivo. Neste
aspecto parten con certa vantaxe con respecto a nós. -Crees que o Liverpool ofrecerá un fútbol directo, tipicamente
inglés? -Hai que ter en conta que moitos xogadores non son ingleses:
Baros, Xavi Alonso, Cissé... Practican un tipo de fútbol diferente do inglés. -Ves a Mauro Silva capaz de aguantar todo o partido?
-Non pódoche responder ao cento por cento. Imos velo. -Váiselle a facer un tipo de proba antes?
-En absoluto. É un xogador máis do equipo.