RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Isi Gómez adéstrase con normalidade co grupo no arranque da semana do Dépor

O Dépor, que onte martes gozou dunha xornada de descanso, prepara desde mañá a próxima cita no grupo 1º de Primera Federación, o domingo 19 de marzo ás 17:00 (InSports.tv) no Estadio Reino de León ante a Cultural y Deportiva Leonesa.

A boa noticia da xornada foi a presenza co grupo de Isi Gómez despois de superar as súas molestias nun aductor. O centrocampista madrileño completou a sesión con total normalidade.

Só Antoñito estivo con adestramento personalizado. O defensor andaluz presenta unha molestia nos isquiotibiais e será a súa evolución a que determine a súa incorporación ao grupo no que resta de semana e, por suposto, a súa participación no Estadio Reino de León.

Óscar Cano dispuxo esta mañá, após unha charla a pé de campo e un quecemento, un exercicio de posición, un partido 11 contra 11 e fútbol en espazo reducido.

Rubén Díez, en rolda de prensa, asegurou ante os medios de comunicación que o obxectivo do equipo branquiazul o vindeiro domingo é "seguir na mesma liña de tentar volver á vitoria esta fin de semana".

Mañá xoves, Os Nosos están citados ás 9:00 para almorzar e saltar ao céspede a partir das 10:30 horas.