RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Isi Gómez: "Confiamos moito en nós, no equipo que temos, no que vimos facendo"

Isi Gómez pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

O mediocentro madrileño confesou sobre a chegada de Lucas que "estamos moi contentos de que estea aquí connosco. É un xogador diferencial e achéganos moitas cousas. A experiencia que ten no fútbol achéganos moito".

Con Lucas e Quiles na vangarda ofensiva, recalca Isi que "é un pracer telos arriba porque xa se veu que marcan diferenzas e gañan partidos. Aos demais xogadores failles mellorar porque son grandes futbolistas e é bo para ti".

Despois de varios partidos como titular, o centrocampista branquiazul móstrase "contento" polo seu estado físico: "Estou a coller xa o ritmo que é o óptimo para competir, que me permite acabar todos os partidos. O outro día o cambio foi no 85 e podería acabar o partido perfectamente. Esa é a liña a seguir".

Non atopa explicación aos problemas polos que pasou no Dépor porque "a alimentación é boa, o descanso é bo e os adestramentos son bos. O corpo é así e agora mesmo estou nunha boa dinámica fisicamente. Esperemos non lesionarnos máis no que queda de ano".

É consciente que o partido deste sábado 14 de xaneiro en Alcorcón (17:00 horas, TVG-2 e InSports.tv) "é un partido importante porque é un equipo que está arriba connosco e que seguramente nos xoguemos o liderado con eles. Son 3 puntos como calquera, pero é un partido crave porque están connosco arriba e ao final de temporada van ser importantes eses 3 puntos".

Non lle sorprende a traxectoria do conxunto madrileño porque "ten un equipo con experiencia na categoría e en categorías superiores. Sabiamos que era un equipo que podía estar aí arriba. Nós confiamos moito en nós, no equipo que temos, no que vimos facendo e creo que vai ser un partido bonito no que imos ter que loitar moito para sacar os 3 puntos".

Resalta que os centrocampistas branquiazuis (Isi, Olabe, Álex...) "levámonos xenial. Aí o míster ten variedade para elixir dependendo dos partidos. É un bendito problema para o míster".

Admite Isi Gómez que esta temporada en ataque "estou a soltarme máis que outros anos. Non estaba moi afeito pisar área como este ano. Fáltame culminar as accións como xa se viu en varias ocasións, pero o importante é telas e xa entrarán. O outro día, tendo a Roberto Olabe como pivote, dános máis liberdade a Rubén e a min, que fomos os que xogamos".

Finalmente, confirmado o apoio de #ANOSAFORZA na bancada de Santo Domingo este sábado, comenta que "os partidos fóra de ABANCA-RIAZOR sempre son un pouquiño máis complicados porque aquí en casa coa nosa afección somos un equipo moi difícil de bater. Fóra de casa tamén sentimos o seu apoio", apunta no entanto.