RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Isi Gómez define ao Dépor na súa presentación como "un Club histórico e moi grande"

Isi Gómez foi presentado esta mañá como novo xogador do Dépor. Acompañado polo Presidente do Club, Antonio Couceiro, o centrocampista branquiazul posou en primeiro lugar coa camiseta Galicia Azul no campo principal da Cidade Deportiva.

Xa ante os medios de comunicación, recalcou que no seu contrato por unha temporada "se consigo unha serie de obxectivos, o contrato renóvase por outro ano".

Admitiu o centrocampista branquiazul que "tiña moi avanzado (o pase) con outros equipos, un deles o Córdoba CF. Pero a chamada do Deportivo cambiou todo e puidemos facelo posible". "Nesta semana e media estou moi contento, moi feliz e moi a gusto", recalca.

Confesa que enfoca esta temporada "con moita ilusión, con moitas ganas e tamén con moita responsabilidade, porque xogar no Deportivo é unha gran responsabilidade. Pero con moita ilusión e con ganas de que empece a competición".

O reto do madrileño é "volver dar o salto ao fútbol profesional, subir co Deportivo e seguir crecendo".

Insiste nesta liña que o Dépor "é un club histórico. Sabemos a responsabilidade que ten e con moita ilusión de conseguir o obxectivo".

Despois do sucedido a temporada pasada co playoff en ABANCA-RIAZOR, "un duro golpe" segundo Isi, apunta que "debemos todos reforzarnos e coa máxima ilusión, todos xuntos podemos conseguir o obxectivo".

Defínese como un futbolista ao que lle "gusta facer xogar aos demais, crear xogo, moito traballo no centro do campo e pódome adaptar a dous mediocentros ou tres".

De feito, vese cómodo tanto de interior como no dobre pivote: "En Badaxoz xoguei moito con dous mediocentros, un deles máis defensivo e eu máis creativo. Pero con trivote tamén me atopo moi cómodo".

Preguntado polo seu novo técnico, Borja Jiménez, afirma que está "moi contento. Decateime que lle gusta xogar, que ten un xogo valente e estamos a nos coñecer e adaptándonos ao que quere".

Opina sobre Ibai Gómez, último reforzo confirmado, que "nos vai a dar experiencia porque xogou moitos anos en Primeira División e vainos a achegar moitas cousas". Non está sorprendido pola súa fichaxe porque "o Dépor é un un club histórico e moi grande".

Xa definido o grupo 1º de Primera RFEF, Isi veo "moi complicado, mesmo máis que o ano pasado. Os equipos están a reforzarse moi ben, pero nós temos un gran equipo e temos que estar aí arriba".

Con moitos futbolistas de #ANOSACANTEIRA con presenza nos adestramentos diarios do primeiro equipo, asegura que "me están gustando moito os rapaces do filial. Están a achegarnos moito traballo e teñen moita calidade. Eu diríalles que seguisen porque lles chegará a súa oportunidade tarde ou cedo".