Isi Gómez, operado con éxito, recibiu esta mañá a alta hospitalaria
Isi Gómez foi intervido con éxito dunha fractura no terceiro dedo da man dereita sufrida na xogada do gol do Dépor ante o CF Rayo Majadahonda.
Esta mañá, o futbolista madrileño recibiu a alta hospitalaria e xa descansa no seu domicilio.
Isi Gómez comezará xa o martes en Abegondo, no regreso ao traballo do equipo despois do día de descanso de mañá luns, con adestramento personalizado cunha férula na man, supervisado polo readaptador Álex Canosa.
En función da súa evolución, pasará a continuación á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.