RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

José Luis Martí incide na presión nunha sesión esixente pola alta intensidade

José Luis Martí fixo fincapé esta mañá na presión, nun adestramento marcado pola alta intensidade, formado por unha serie de exercicios con balón entre os campos 2 e 3 da Cidade Deportiva.

Após un quecemento, o técnico deportivista arrancou cun roldo de presión en espazo reducido no campo 3.

A continuación, dispuxo Martí unha tarefa de posesión con centros e remates no campo 2; e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Adestráronse á marxe do grupo Krohn-Dehli e Quique González; ademais de Iñigo López, ausente.

Do mesmo xeito que onte, os fabrilistas Mujaid, Víctor e Valín, co meta xuvenil Alberto, adestráronse co primeiro equipo.

Mañá venres, o cadro está citado de novo en Abegondo ás 11:00 horas.