RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

José Luis Martí toma a batuta do Dépor

José Luis Martí, acompañado xa polo seu segundo adestrador Fabián Rivero Rodríguez, tomou esta mañá en Abegondo a batuta do primeiro equipo, hoxe tamén co meta fabrilista Pedro López. Tal e como manifestou onte na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR na súa presentación, o Dépor de Martí tense que empezar a ver xa este sábado 13 de abril no Sadar ante o CA Osasuna (18:00 horas, Movistar Partidazo).

Por conseguinte, o técnico mallorquino, após un quecemento e uns rondos, púxose ao choio cun traballo táctico defensivo en 2 grupos no campo 2.

Un exercicio de posesión e un partido final puxeron o punto e final ao adestramento sobre o céspede; con só 2 futbolistas á marxe: Fede Cartabia e Kronh-Dehli.

Carlos Fernández e Quique González retiráronse aos vestiarios na última parte do adestramento por prevención.

Mañá mércores, o cadro adestrarase de novo en Abegondo ás 11:00 horas.