José Rodríguez, Borges e Cavaleiro teñen partido coa súa selección mañá xoves
José Rodríguez, Cavaleiro, Medunjanin, Borges e o fabrilista Sam Piette están estes días concentrados coas súas respectivas seleccións nacionais.
De todos eles, xogan mañá xoves José Rodríguez, Borges e Cavaleiro, coa Selección Española Sub-21, Costa Rica e Portugal Sub-21 respectivamente.
José Rodríguez enfróntase coa sub-21 a Noruega
José Rodríguez enfróntase mañá xoves coa Selección Española Sub-21 en Murcia a Noruega. O encontro é amigable, do mesmo xeito que o do próximo luns 30 de marzo en León ante Bielorrusia.
Ambos os partidos serán ás 20.30 horas.
Celso Borges recibe en Costa Rica a Paraguai
A selección de Costa Rica, con Celso Borges, tamén xoga mañá xoves o primeiro dos seus dous partidos amigables. Recibirá a Paraguai na capital, San José.
O segundo amigable será o martes 31 de marzo en Panamá ante o combinado centroamericano.
Cavaleiro e Portugal sub-21 mídense a Dinamarca
Iván Cavaleiro, coa Selección Sub-21 de Portugal, mídese a Dinamarca mañá xoves 26 de marzo ás 17.00, hora local, no Estadio Municipal Marinha Grande.
O martes 31 de marzo, ás 18.00 horas en Praga, a selección lusa visita á República Checa.
Ambos os partidos son amigables, preparatorios para o Campionato de Europa da categoría.
Medunjanin xoga o sábado en Andorra
Haris Medunjanin, con Bosnia Herzegovina, visita Andorra, no Stadi Nacional de Andorra a Vella, o sábado 28 de marzo ás 20:45 horas. Este encontro é clasificatorio para o Campionato de Europa 2016.
No segundo partido, amigable, o combinado bosníaco enfróntase a Austria no Estadio Ernst Happel de Viena, o martes día 31 ás 20:30 horas.
O fabrilista Sam Piette ten amigable o venres con Canadá
A selección de Canadá que dirixe Benito Floro, co fabrilista Sam Piette entre os convocados, xoga o venres o primeiro dos seus dous partidos amigables internacionais. Será ante Guatemala en Ft. Lauderdale (Estados Unidos).
O luns 30, os canadenses visitarán San Juan de Porto Rico.