Krohn-Dehli e Somma agasallan aos clientes de Movistar en Marineda City
O internacional danés Michael Krohn-Dehli, un dos representantes do Dépor na última Copa do Mundo celebrada en Rusia o pasado verán, e o defensa italiano Michele Somma visitaron esta tarde a tenda de Movistar en Marineda City.
Os dous xogadores, nun acto organizado por Movistar e LaLiga 1|2|3, repartiron postais, autógrafos en balóns, camisetas... e fotografáronse con afeccionados branquiazuis de todas as idades.
Até un veterano socio deportivista viu o seu soño cumprido xa que, animado pola súa señora, foi capaz de vencer a súa timidez e posar cos dous futbolistas do equipo de Natxo González.
Tampouco faltou á cita Nico, un neno que, acompañado polos seus pais e incondicionais seguidores deportivistas, Moncho e Nuria, e ataviado para a ocasión coa camiseta de Noite Meiga, engadiu unha foto máis ao seu poboado álbum de recordos branquiazuis. En calquera acto de firmas co Dépor como protagonista, Nico non llo perde e sempre está á beira dos xogadores.
Igual de entusiasmo malgastou Martín, outro novo seareiro totalmente uniformado (camiseta, pantalón e medias) co equipamento de Letras Galegas. Non dubidou en achegarse a saudar a Krohn-Dehli e Somma, sen dúbida dous dos seus ídolos.