RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Lasarte foi descartado para viaxar a Málaga

Hai 12 anos era noticia no seo deportivista a ausencia de Martín Lasarte, a cal causou sorpresa na relación de convocados por Arsenio Igrexas para o partido de mañá ante o Málaga.

O motivo que levou ao adestrador deportivista a prescindir do defensa branquiazul foi, segundo o propio futbolista, o mal estado físico polo que pasa debido a que non remitiron as dores no seu xeonllo esquerdo, ademais de que durante esta semana sufriu unha pequena escordadura no pé dereito.

Non se mostrou sorprendido Lasarte pola súa ausencia na lista de viaxeiros porque "o adestrador falou comigo antes de dala a coñecer explicándome os seus motivos" aínda que eu quero xogar, e esforceime durante toda a semana para estar a punto, teño que recoñecer que o "míster" ten razón.