RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Laura Fernández e Henar reciben a alta hospitalaria en Granada e xa están na Coruña

Laura Fernández e Henar Muiña recibiron a alta hospitalaria no Hospital de Neurotraumatología e Rehabilitación de Granada e, acompañadas por Rocío Candal, Responsable do Dépor ABANCA, regresaron xa á Coruña.

Ambas as futbolistas chocaron onte de forma fortuíta na disputa dun balón dividido cunha xogadora do Granada CF. Laura Fernández, que non puido continuar sobre o céspede e foi trasladada en ambulancia ao citado centro médico, sufriu un corte na zona periorbital. Pola súa banda, Henar Muiña recibiu un forte golpe con ferida na fronte aínda que, cunha vendaxe, puido concluír o partido.

Despois de pasar varias horas en observación no hospital e en permanente contacto cos Servizos Médicos do Real Club Deportivo que coordina o doutor Alejandro Mejuto, ambas as xogadoras recibiron o visto e prace para desprazarse de regreso a casa.