O Deportivo da Coruña fixo entrega a Juan Acuña, fillo do mítico gardameta coruñés do mesmo nome, dun trofeo en recordo da XIII Edición do torneo instaurado en homenaxe de Xanetas, falecido hai agora un ano.
O presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, foi o encargado de entregar o recordo, unha réplica do trofeo do Torneo, xusto antes de iniciarse o Deportivo - Hannover.