RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Lendoiro despídese do fútbol afeccionado coa entrega das subvencións aos clubs modestos

Augusto César Lendoiro, Presidente do Deportivo, se despidió hoxe luns no Estadio de Riazor dos representantes do fútbol afeccionado coa entrega das subvencións en metálico aos clubs modestos que teñen asinado o convenio coa en

Na súa alocución aos presentes, manifestou Lendoiro o compromiso que tivo sempre o Deportivo co fútbol coruñés e desexou que esta vinculación siga no futuro.

Pola súa banda, Manuel Vázquez, Presidente da AFAC, expresou o seu agradecemento a Augusto César Lendoiro e ao Deportivo, "porque aínda nos momentos máis complicados, sempre está connosco".

Fíxose entrega en metálico dun total de 109.494 euros, e os clubs beneficiados son: Atlético Os Castros, Calasanz, Cidade Xardín, Deportivo Cidade, Galicia Gaiteira, Imperator, Liceo Monelos, Marabillas, Marola, Marte, Montañeiros, Orillamar, Orzán, Oza Xuvenil, Peñarredonda, Lóstrego de Elviña, San Cristóbal dás Viñas, Santa Margarita, Silva, Sen Querer, Sporting Cidade, Sporting Coruñés, Torre, Vitoria, Vioño, Compañía de María, Olímpico de Rutis, Santa María del Mar, Ural e Sporting Meicende; ademais do Pavillón de Ourense, Galicia Caranza, Conxo, Bergantiños, Portuarios, Bertamiráns, Dorneda, Rápido de Neda, Racing San Pedro, San Tirso, Sporting Sada, Villestro e Santiago de Compostela, clubs de fóra da Coruña que tamén teñen subscrito un convenio de colaboración co Deportivo ou ben lle foron fichados algún futbolista.

Eses 109.494 euros desagréganse desta forma:

-17.250 euros por manter equipos de categorías inferiores en fútbol once, en virtude da cláusula duodécima do convenio.

-45.409 euros polo número de xogadores fichados para as categorías inferiores do Deportivo; cláusula terceira do convenio.

-28.910 euros por manter equipos de infantís a xuvenís en categorias rexionais, nacionais e División de Honra; en virtude da cláusula undécima do convenio.

-17.925 euros por realizar altas de socios do Real Club Deportivo; cláusula primeira do convenio.

O que percibiu cada club é o seguinte: Vitoria (9.190 euros); Ural (8.235 euros); Montañeiros (16.150 euros); Orillamar (4.540 euros); Pavillón de Ourense (7.140 euros); Imperator Oar - Sacra Familia (4.990 euros); Calasanz (6.920 euros); Cidade Xardín (1.590 euros); Marabillas (1.270 euros); Sporting Coruñés (2.590 euros); Gaiteira (950 euros); Oza Xuvenil (1.270 euros); San Cristóbal dás Viñas (1.430 euros); Atlético Os Castros (1.270 euros); Compañía de María (1.270 euros); Deportivo Cidade (950 euros); Marola (790 euros); Olímpico de Rutis (1.270 euros); Peñarredonda (790 euros); Orzán (1.270 euros); Torre (1.430 euros); Vioño (1.110 euros); Meicende (1.110 euros); Santa María del Mar (2.170 euros); Lóstrego de Elviña (630 euros); Santa Margarita (630 euros); Silva (1.850 euros); Sen Querer (630 euros); Sporting Cidade (630 euros); Marte (1.110 euros);  Liceo de Monelos (950 euros); Conxo (3.000 euros); Bergantiños (2.400 euros); Portuarios (1.000 euros); Bertamiráns (700 euros); Dorneda (700 euros); Rápido de Neda (700 euros); Racing de San Pedro (700 euros); San Tirso (700 euros); Sporting Sada (700 euros); Villestro (700 euros); Santiago de Compostela (9.569 euros) e Galicia Caranza (2.500 euros).
 
Ademais, o Deportivo tamén proporciona cada partido do primeiro equipo en Riazor unhas 400 invitacións para os xogadores de categorías inferiores de varios clubs cos que hai vixente un acordo de colaboración. En total supoñen en despacho de billetes 6.000 euros cada partido; é dicir 126.000 euros ao longo de toda a tempada.

Se sumásemos ambos os conceptos, o Deportivo entregará ao fútbol modesto na tempada 2013-14 a cantidade total de 235.494 euros, dos que 109.494 euros son en efectivo e 126.000 euros como valoración do acceso gratuíto de todos os pequenos futbolistas coruñeses ao Estadio de Riazor durante toda a tempada.