RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Lendoiro: "Era o home de todo o Deportivismo"

?Parecía imposible, pero consumouse. Creo que Juanito Acuña é o gran recordo que temos todos do deportivismo. Era algo especial. Era o estandarte de todos e cada un de case cen anos de historia. Era unha persoa entrañable, que nunca se quixo mover do Depo

"El foi un dos grandes sub-campións de España que tivo o R.C. Deportivo da Coruña alá polos anos 50. Deunos sempre o mellor de se mesmo e sobre todo unha extraordinaria naturalidade. Sempre era positivo. Sempre vivía o deportivismo ao máximo nivel. Cada vez que se disputaba un trofeo Juan Acuña, os 100 anos de historia desfilaban pola memoria de todos os coruñeses. Quixemos con este trofeo deixar claro que era o home de todo o deportivismo. Non había neste aspecto diferencias de formulación. Despois de ter grandísimos xogadores como Amancio, Luís Suárez, Chacho ou nestes momentos Fran, algo alagaba de deportivismo cada unha das paradas, cada unha das actitudes que Juanito Acuña tiña connosco. Hoxe perdémolo, pero sempre estará na memoria dos que sempre vivimos pensando en que Juan Acuña voaba. Hoxe voaba ao ceo e antes, de pau a pau. En calquera caso, Juan Acuña sempre estará na nosa memoria e no noso corazón. O R.C. Deportivo, quizais hoxe non só perdese un partido, senón que perdemos a ilusión de que cada Juan Acuña puidésemos charlar e que nos contase aquelas anécdotas que puña a cada un a pel de galiña."

"É unha persoa que todos queriamos. Parecíanos incrible que cada día se nos dixese que ía a menos. Todos lembramos a aquel Xanetas que con moi poucos anos foi titular indiscutible no R.C. Deportivo e despois na selección española, e que non o foi máis polas circunstancias tradicionais cos clubs modestos. Desde todo o deportivismo, descanse en paz o gran Acuña?.