RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Lendoiro: Nos próximos días haberá unha reunión con Caparrós para planificar a tempada

Augusto César Lendoiro tamén confirmou na rolda de prensa desta tarde na sede do Club na Praza de Pontevedra que se reunirá nos próximos días con Joaquín Caparrós "para tomar xa acordos de face á configuración definitiva do persoal da próxima tempada".

O Presidente deportivista desvelou que seguía tentando porse en contacto con Ginés Carvajal, axente entre outros futbolistas do porteiro Jose Molina, "pero ata o momento non tiven fortuna. Non se se é que ve o prefixo da Coruña no seu teléfono e non o colle pensando que son xornalistas, pero o certo é que aínda non puiden contactar con el".