RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Lendoiro: O futuro de Pandiani resolverase nas próximas horas

Augusto César Lendoiro compareceu despois da presentación de Juanma ante os medios informativos. Referiuse a diversos temas de actualidade. Pandiani ?Nas próximas 24, 48, 72 horas esperamos que haxa unha solución. Hai varias ofertas conc

Baiano
?Parece claro que o xogador pertence a Rentistas. Nós alcanzamos xa teoricamente un acordo co club uruguaio, ao que pertence ata decembro o futbolista, e con Fernando Baiano. É posible que pronto haxa unha solución. Aínda que si é certo que se abriron outras posibilidades no mercado?.

Trofeo Teresa Herrera
?Non recibimos ningunha noticia do Concello referido a que estarían dispostos a recuperar a organización do torneo. Por nós encantados. Creo lembrar que o trofeo supuña para o Concello un déficit de 200 millóns de pesetas que nós temos que máis ou menos soportar?.

Alcalde da Coruña
?As súas palabras foron desagradables e nun momento ademais pouco oportuno. Creo que o Deportivo fixo máis pola Coruña e merécese a Medalla de Ouro da cidade independentemente de que cumpra 100 anos. Ademais temos a Medalla de Ouro de Galicia e con todo non temos a da provincia, que quedou aí bloqueada nin por suposto a da cidade. Aínda que se din que nola van a dar seguro que é porque o pensan. En calquera caso non recibimos ningunha noticia nin oficial nin extraoficialmente?.

Altas de socios
?Rexistráronse a estas alturas 260 altas de socios, cifra que é moi boa tendo en conta que uns 10.000 socios xa renovaron o seu carné de abonado?.