RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Leyma será o patrocinador oficial do Deportivo

Augusto César Lendoiro comezaba a perfilarse como un home de duras negociacións. De feito, e de face á sponsorización do Deportivo, xa se mantiveron numerosos contactos, aínda que non frutificaran ao non chegarse a un acordo ao redor das cantidades a perc

A falta de ultimar algúns detalles do contrato
LEYMA SERÁ O ?PATROCINADOR? OFICIAL DO R.C.DEPORTIVO DA CORUÑA

Hai tempo que a Directiva do Deportivo viña realizando xestións con diversas firmas publicitarias para conseguir a contratación dun patrocinador, sen que ditas xestións desen o resultado apetecido, ao non chegar a un acordo na cantidade a percibir polo club a cambio de levar nas camisetas determinada marca publicitaria.

Por fin parece que este tema se vai a resolver, ao chegar a un acordo previo con ?Leite Leyma? que no futuro será o patrocinador do Deportivo da Coruña. A falta simplemente dalgúns detalles en relación co necesario contrato, pode afirmarse que Leyma será o patrocinador do Deportivo en próximos partidos, aínda que o domingo fronte ao Salamanca aínda non terá efecto o novo contrato publicitario.

Noutra orde de cousas convén dicir que o Deportivo está a piques de completar os 13.000 socios, grazas ao bo número que se deu de alta ultimamente. Con relación aos socios, haberá que lembrarlles que para asistir ao partido do domingo é necesario presentar o recibo do mes.