RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Lippi: "a Juventus fará o seu partido"

"Aínda que o Deportivo é un equipo moi forte na súa casa, a Juventus fará a súa propia formulación do encontro" afirmou o técnico italiano na rolda de prensa previa ao adestramento desta tarde en Riazor.

"Temos o desexo de seguir a nosa andaina na Champions pero para nada queremos vingar a eliminación do ano pasado. A última vez que nos enfrontamos en Riazor o Deportivo gañounos xogando mellor, pero no partido de volta en Turín o Deportivo gañounos cun pouco de sorte e grazas a unha magnífica actuación de Molina, a quen por certo lle desexo unha pronta recuperación."

"O Deportivo ten unha capacidade increible, con grandísimos xogadores e un gran técnico. Con este grupo poderán manterse arriba no campionato nacional e en Europa."