RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O RC Deportivo conclúe con 25.214 abonados a súa primeira fase da campaña 2025-26

O RC Deportivo concluíu con 25.214 abonados a primeira fase da campaña 2025-26, na que as persoas socias da temporada pasada tiñan opción de renovar.

A partir deste luns 28 de xullo todas as localidades que non fosen renovadas serán liberadas para que os abonados e abonadas poidan cambiar a súa localización ou asignar un novo asento. 

Os días de cambio de localidade e modalidade serán do 30 de xullo ao 13 de agosto exclusivamente para persoas socias da temporada pasada e sempre con cita previa.

Se a persoa titular quere cambiar de localidade a unha bancada de inferior valor non se devolve a diferenza. Se se desexa cambiar de localidade a unha bancada de superior valor, deberá abonar a diferenza.

Sen asentos dispoñibles en Marathón Inferior

Está esgotada xa a bancada de Marathón Inferior tanto para novas altas como para cambios de asento.

Por conseguinte, o Club agradece que os abonados ou abonadas que pediron cita previa para ter unha localidade nesta bancada cancelen a súa cita, que pode ser aproveitada por outra persoa.

Cambio de Soci@ Amigo e Nen@ Dépor a abono con localidade

Dado que as citas previas están esgotadas, o Club abriu un prazo excepcional do 18 ao 22 de agosto para que os Soci@ Amigo e Nen@ Dépor poidan pasar a abono con asento. 

Será até chegar ao tope, presencial na Oficina de Atención ao Deportivismo (sito na Avenida da Habana s/n da Coruña), por estrita orde de chegada e loxicamente nas bancadas dispoñibles.

Clica aquí para ver o dossier da campaña de abonos 2025/26