
DÉPOR · 29 XULLO 2025
O RC DEPORTIVO CONCLÚE CON 25.214 ABONADOS A SÚA PRIMEIRA FASE DA CAMPAÑA 2025-26
O RC Deportivo concluíu con 25.214 abonados a primeira fase da campaña 2025-26, na que as persoas socias da temporada pasada tiñan opción de renovar.A partir deste luns 28 de xullo todas as localidades que non fosen renovadas serán liberadas para que os abonados e abonadas poidan cambiar a súa localización ou asignar un novo asento.Os días de cambio de localidade e modalidade serán do 30 de xullo ao 13 de agosto exclusivamente para persoas socias da temporada pasada e sempre con cita previa.Se a persoa titular quere cambiar de localidade a unha bancada de inferior valor non se devolve a diferenza. Se se desexa cambiar de localidade a unha bancada de superior valor, deberá abonar a diferenza.Sen asentos dispoñibles en Marathón InferiorEstá esgotada xa a bancada de Marathón Inferior tanto para novas altas como para cambios de asento.Por conseguinte, o Club agradece que os abonados ou abonadas que pediron cita previa para ter unha localidade nesta bancada cancelen a súa cita, que pode ser aproveitada por outra persoa.Cambio de Soci@ Amigo e Nen@ Dépor a abono con localidadeDado que as citas previas están esgotadas, o Club abriu un prazo excepcional do 18 ao 22 de agosto para que os Soci@ Amigo e Nen@ Dépor poidan pasar a abono con asento.Será até chegar ao tope, presencial na Oficina de Atención ao Deportivismo (sito na Avenida da Habana s/n da Coruña), por estrita orde de chegada e loxicamente nas bancadas dispoñibles.Clica aquí para ver o dossier da campaña de abonos 2025/26


O RC Deportivo pecha a campaña 'O teu lugar en Primeira' con ...

Leo Román cre que "temos que medrar desde a portería a cero, ...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Elche CF da 1ª ...

Regreso de madrugada á Coruña para o broche final da pretempo...

O Dépor faise co Trofeo Spagnolo ao derrotar o Genoa CFC no E...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este sábado 8 d...