
DÉPOR · 26 AGOSTO 2026
O RC DEPORTIVO CONFORMARÁ UNHA MESA DE DIÁLOGO CON REPRESENTANTES DE MARATÓN, AS PEÑAS E O CLUB
O RC Deportivo constituirá unha mesa de diálogo na que participarán representantes de Maratón, das peñas e interlocutores do Club, co obxectivo de abordar conxuntamente a situación social actual e avanzar en solucións que permitan garantir o cumprimento normativo, protexer a institución e preservar os intereses da afección.Así o anunciou este mediodía José Manuel García, director de Medios e responsable da Área Social, durante a comparecencia celebrada na sala de prensa do Dépor Training Center, na que estivo acompañado por Santiago Liste, responsable do Departamento Xurídico, e Jesús Blanco, director de Seguridade.José Manuel García explicou que o Club é consciente da situación existente e que esta constitúe unha cuestión que “internamente nos preocupa e nos ocupa”. Neste sentido, sinalou que o RC Deportivo “non é alleo” a esta realidade e que quere “dun xeito responsable tomar as rendas disto e procurar un posible diálogo de cara a mellorar a situación social que temos”.O responsable da Área Social destacou o papel da afección como “un piar fundamental nun proxecto moi ilusionante” que se sustenta en diferentes ámbitos. “Temos tamén o das infraestruturas: estamos a mellorar as infraestruturas non só aquí en Abegondo, senón tamén en ABANCA-RIAZOR. Temos a parte financeira, que é importante porque a sustentabilidade económica é o que vai marcar que este sexa un proxecto a longo prazo. Temos a parte corporativa, na que avanzamos moito en canto á profesionalización do Club, ao crecemento… Isto permítenos ter unha estrutura máis sólida. E, por último, a parte deportiva, que é a máis visible e na que se está a facer un traballo moi bo”, indicou.Todos estes ámbitos, engadiu, forman parte dun mesmo proxecto: “É unha engrenaxe. Sen un piar, a engrenaxe pode xirar igual, pero será máis complicado. A única forma de que este proxecto siga medrando é que todos os piares encaixen como unha engrenaxe”.Neste sentido, José Manuel García puxo en valor a evolución experimentada polo RC Deportivo durante os últimos anos e o traballo que se está a desenvolver nas diferentes áreas do Club. “O proxecto é moi ilusionante. Moitos clubs de España pagarían por estar no proxecto no que estamos nós, co impulso que estamos a ter. Dentro hai moita xente traballando día e noite. Non deixan de ser deportivistas. Estamos rodeados de deportivistas que queren un ben común, que o Dépor siga medrando, mellorando”, afirmou.“Todos sabemos onde estabamos hai catro anos, todos sabemos onde estamos hoxe e, aínda que baixemos o ritmo á metade, o Dépor dentro de catro anos vai ser máis ilusionante do que é a día de hoxe”, engadiu.Por iso, o director de Medios e responsable da Área Social apelou á responsabilidade colectiva: “Temos que traballar todos xuntos cun obxectivo común: que ao Dépor lle vaia o mellor posible”.Neste contexto, puxo como exemplo a ilusión que supón para o deportivismo contar actualmente con xogadores da canteira galega que chegaron ao primeiro equipo: “Temos un rapaz de Vilalba, un rapaz de Teo e un rapaz de Cerceda debutando en Primeira que non o están a gozar como merecerían porque deixan a vida por este escudo. Entre todos non podemos permitir isto. Temos que traballar para que pase”.Cumprimento normativo e protección da institución e da afecciónJosé Manuel García explicou tamén os motivos que levaron o Club a adoptar as medidas anunciadas para a bancada de Maratón Inferior.“O Club está obrigado a garantir o cumprimento normativo e loitar contra a violencia, o racismo, a xenofobia e o vandalismo. Iso é unha obriga legal”, sinalou.A esta responsabilidade engadiu outra igualmente importante: “Temos outra obriga, que é a de protexer. Temos que protexer a institución. Non podemos permitir que sigamos soportando un nivel de sancións económicas insostible. Non podemos quedar de brazos cruzados coma se non pasase nada”.Ao mesmo tempo, subliñou a necesidade de protexer os propios afeccionados “de posibles peches dunha bancada, dun sector ou mesmo de todo o estadio”.O responsable da Área Social recoñeceu que na comunicación das medidas adoptadas “non se explicou todo o ben que se debería ou, polo menos, doutra forma, porque está claro que non se entenderon”.Precisamente para mellorar esta situación e xerar un espazo de entendemento, o Club decidiu impulsar a mesa de diálogo.“Imos constituír unha mesa de diálogo na que participarán representantes de Maratón, das peñas e interlocutores do Club, co obxectivo de sentarnos arredor dunha mesa, dialogar e levantarnos cando todos nos sintamos máis cómodos”, anunciou José Manuel García.O RC Deportivo afronta este proceso coa vontade de escoitar e procurar puntos de encontro, sempre dentro do marco establecido pola normativa vixente.“Sempre garantindo o cumprimento normativo e que protexemos tanto a institución como os nosos afeccionados”, concluíu.

Manu Serrano, novo reforzo para o Fabril

Os Nosos apuntan desde este xoves 27 de agosto ao Valencia CF

Mauro Valeiro xogou completo o partido de España sub-18 ante ...

Vitoria por 1-3 do Cadete este martes 25 en Carballo e calend...

Malick Ndiaye, cedido á UD Barbastro

Viaxe de regreso de Málaga e adestramento con máis carga para...