RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Vitoria por 1-3 do Cadete este martes 25 en Carballo e calendario de amigables do mércores 26, co San Tirso SD Cadete e Infantil en xogo

CANTERA · 25 AGOSTO 2026

VITORIA POR 1-3 DO CADETE ESTE MARTES 25 EN CARBALLO E CALENDARIO DE AMIGABLES DO MÉRCORES 26, CO SAN TIRSO SD CADETE E INFANTIL EN XOGO

ANOSACANTEIRA continúa inmersa en plena pretemporada cun intenso calendario de amigables agás o Fabril, que arrinca a liga en Primera Federación o sábado 29 de agosto ás 19:15 no Estadio José Fouto de Mérida.O primeiro deles foi para o Cadete (na foto da noticia), este martes 25 de agosto nas Eiroas (Carballo) ante o Bergantiños CF de categoría xuvenil.Venceron os branquiazuis por 1-3, con tantos de Diego Cabana, Carlos Ernau e Javi Barros.Para este mércores 26 de agosto queda o choque do San Tirso SD Cadete no Monte ante o Bergantiños CF (16:15) e o do Infantil no Municipal de Bertamiráns fronte ao Bertamiráns FC (cadete) (19:30).Xa o sábado 29 tamén teñen partido o Xuvenil A en Vilalba e o B na Coruña fronte ao Ural Español CF.Finalmente, o San Tirso SD Cadete e o San Tirso SD Infantil participarán a fin de semana na Sanxenxo Cup e o Infantil, na EF Lalín Cup no Estadio Manuel Anxo Cortizo.O calendario da semana, cos resultados dos partidos xa disputados, é o seguinte:Primera Federación1ª xornada: AD MÉRIDA - FABRIL, o sábado 29 de agosto ás 19:15 no Estadio José Fouto de MéridaCategoría xuvenilRACING VILLALBÉS (Tercera Federación) - XUVENIL A, o sábado 29 de agosto ás 12:00 na Magdalena (Vilalba)URAL ESPAÑOL CF - XUVENIL B, o sábado 29 de agosto ás 19:00 na Grela (A Coruña)Categoría cadeteBERGANTIÑOS CF (xuvenil) 1 - CADETE 3 (Diego Cabana, Carlos Ernau e Javi Barros)RACING DE FERROL B (xuvenil) - CADETE, o sábado 29 de agosto ás 19:00 no campo do Beco (Cedeira)SAN TIRSO SD CADETE - BERGANTIÑOS CF, o mércores 26 de agosto ás 16:15 no MonteIV Torneo Sanxenxo CupSábado 29 de agostoPrimera Fase, no campo da Lanzada (Noalla)12:30: SAN TIRSO SD CADETE - SD COMPOSTELA15:10: CD CALASANZ - SAN TIRSO SD CADETE20:30: SAN TIRSO SD CADEDETE - CORUXO FCOs dous primeiros pasan á Fase Ouro e os outros 2 equipos do grupo xogarán a Fase Prata, todo iso o domingo 30Categoría infantilBERTAMIRÁNS FC (cadete) - INFANTIL, o mércores 26 de agosto ás 19:30 no Municipal de BertamiránsEF Lalín Cup, no Estadio Manuel Anxo Cortizo (Lalín)Sábado 29 de agostoPrimera Fase9:35: INFANTIL - BERTAMIRÁNS FC11:20: INFANTIL - ATLÉTICO ARTEIXO14:15: INFANTIL - ED VAL MIÑOR NIGRÁNOs dous primeiros de grupo pasan aos cuartos de final, que arrincan ás 16:40 horasIV Torneo Sanxenxo CupSábado 29 de agostoPrimera Fase, no campo do Revel (Vilalonga)11:10: SAN TIRSO SD INFANTIL - AJ LÉREZ13:10: RÁPIDO DE BOUZAS - SAN TIRSO SD INFANTIL19:30: SAN TIRSO SD INFANTIL - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CFOs dous primeiros e os dous mellores terceiros pasan á Fase Ouro; mentres que o peor terceiro e o cuarto xogarán a Fase Prata, todo iso o domingo 30