
DÉPOR · 25 AGOSTO 2026
VIAXE DE REGRESO DE MÁLAGA E ADESTRAMENTO CON MÁIS CARGA PARA OS FUTBOLISTAS QUE NON SAÍRON DE INICIO EN LA ROSALEDA
Case de madrugada, o Dépor regresou este martes 25 de agosto de Málaga tras o encontro deste luns 24 en La Rosaleda.Nada máis aterrar en Galicia, o cadro de xogadores dirixiuse ao Dépor Training Center para completar a habitual sesión de traballo pospartido.Así, os titulares ante o Málaga CF tiveron xornada de recuperación física, con ximnasio e fisioterapia.

Para os demais futbolistas houbo unha activación con roda de pases e tarefas de compensación física.Neste grupo de xogadores estivo Yeremay, que onte debutou en LaLiga EA Sports ao substituír na segunda parte a Luismi no minuto 74.Na sala de prensa de La Rosaleda, Antonio Hidalgo lembrou que "Yere leva 3 meses fóra dos terreos de xogo. Adestrou co equipo a última semana. É un xogador explosivo que necesita adestramentos. Pouco a pouco irá collendo a forma".Este mércores 26 de agosto o cadro de xogadores ten xornada de descanso. Os Nosos regresan aos adestramentos o xoves 27 de agosto a partir das 10:30 no Dépor Training Center.

Os despachos de billetes do Palacio de los Deportes de Riazor...

Un Dépor "con ganas de competición" ultima os detalles para o...

Calendario en ANOSACANTEIRA feminina, con derbi para o Dépor ...

Convocatoria da Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas

O Orzán SD Infantil B xa coñece o seu calendario no grupo B d...

O Sporting Burgo, primeiro rival do Orzán SD Infantil A na Li...




