RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antonio Hidalgo advirte que "temos que mellorar moitas cousas para seguir sumando na categoría"

DÉPOR · 25 AGOSTO 2026

ANTONIO HIDALGO ADVIRTE QUE "TEMOS QUE MELLORAR MOITAS COUSAS PARA SEGUIR SUMANDO NA CATEGORÍA"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa de La Rosaleda que "é cedo para avaliar moitas cousas" e lembra que "durante a pretemporada tivemos moitas baixas na zona de ataque".Nesta liña, cre que en Málaga "a diferenza estivo nesa chispa dos xogadores do banco".Con todo, pensa que "tivemos tramos moi bos nos que non atopamos o gol. Instalámonos en campo contrario cunha presión alta. É certo que na segunda parte nos custou máis por esa falta de frescura".Antonio Hidalgo insiste en que "temos que mellorar moitas cousas para seguir sumando na categoría, porque a competitividade e o nivel que hai son enormes. Non é doado sumar, pero viñamos polos 3 puntos".Finalmente, preguntado por Aubameyang, autor do tanto deportivista, o técnico branquiazul apunta que "é un xogador de talla mundial, doutro nivel. É unha bendición telo connosco polo que nos achega con balón e sen balón. Dáche esa diferenza no último terzo que nesta categoría é brutal. Leva 2 goles e está a facer un traballo fenomenal".

Real Club Deportivo de La Coruña