
DÉPOR · 28 NOVEMBRO 2026
O DOCUMENTAL 'DÉPOR, VOA’ PROXECTARASE EN MÁIS SALAS DE GALICIA
O documental ‘Dépor, voa’ segue a gañar pantallas e a achegarse ao público. Desde este sábado 28 de novembro poderanse mercar entradas para velo tamén en Cinesa Marineda, na Coruña, e en Cinesa As Cancelas, en Santiago de Compostela. As proxeccións comezarán o 26 de decembro, data da estrea.Estas salas súmanse a Cantones Cines como espazos nos que gozar do documental.A programación de Cinesa Marineda incluirá, ademais, unha sesión nunha sala iSense, que ofrece unha experiencia cinematográfica de gran calidade grazas ao son envolvente Dolby Atmos, a unha pantalla extragrande e a un proxector 4K de máxima definición.A resposta de ANOSAFORZA está a ser especialmente destacada. Preto de 1.000 persoas xa mercaron as súas entradas para as sesións de Cantones Cines.O documental podería chegar nos vindeiros días a máis localidades de Galicia, para que máis deportivistas poidan gozar del na gran pantalla.Con estas novas salas, ‘Dépor, voa’ chega a máis público e permite que máis persoas se acheguen a unha historia que forma parte da memoria, da identidade e do sentimento branquiazul.

O poderoso FC Barcelona, rival este domingo 29 dun Dépor que ...

Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor ab...

Sofía Domínguez enfróntase a Alemaña coa selección arxentina ...

Michi Apóstol foi titular con Venezuela no amigable contra Fr...

Este sábado 28 de novembro en Canberra, primeiro partido de C...

Manuel Pablo insiste en "defender mellor, deixar a portería a...